O venres día 29 celebramos o "Día da Paz", e con tal motivo preparamos con todo o colexio unha canción de Michael Jackson titulada "Heal the World" con letra traducida do grupo brasileiro Roupa Nova, que cantamos todos xuntos no ximnasio. Os nenos o fixeron moi ben, uns auténticos profesionais (os profes non tanto, que algún nin a letra sabía...jajaja); se non o credes mirade o video. Por certo, as voces son dos nenos e os profes, non é playback!!!
Antes da canción, nenos de primeiro recitaron uns poemas sobre a Paz.
Antes da canción, nenos de primeiro recitaron uns poemas sobre a Paz.
Aquí vai unha fermosa poesía e a canción da paz
que todo o colexio preparou con entusiasmo:
Ningún comentario:
Publicar un comentario