Para celebrar o "Día da Paz", preparamos as seguintes actividades:
Todo o colexio preparou a canción "Non dubidaría", na cal os nen@s de 4º, 5º e 6º tocaron as frautas, algúns tocaron instrumentos de percusión de altura determinada e dúas alumnas axudáronnos co violín e co clarinete.
Despois desta grande actuación, varios alumn@s recitaron unha poesía en varios idiomas (castelán, inglés, rumano e galego). Algúns cursos encargáronse de preparar murais con estes poemas, os cales están expostos na entrada do colexio.
Outra actividade que fixemos foi o "Tren da Paz", na que cada curso preparou un vagón con cousas relacionada a este día.
Todo isto o podedes ver nas seguintes presentacións.
Ningún comentario:
Publicar un comentario