O día 17 e 18 de outubro do 2008 celebráronse os II Encontros de Bibliotecas Escolares de Galicia no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, co lema "Bibliotecas para ler e aprender".
Finalmente só poido asistir o encargado da biblioteca, por estar de baixa a outra persoa que ía asistir tamén. Esperamos que se recupere axiña e poidamos contar pronto coa súa colaboración.
As ponencias de Isabel Solé, José García Guerrero, Antonio Basanta... así como as experiencias de moitas Bibliotecas Escolares Galegas, integradas no PLAMBE, foron de grande interese para todos os que asistimos ós encontros.
Ningún comentario:
Publicar un comentario