29/10/2026

PDI "Onde o mundo se chama Celanova"

O alumnado de 6º presenta neste novo pódcast de Radio Curros o proxecto no que estará enredado todo o centro durante este curso 2026-2027.  A biblioteca e Roque síntense moi felices porque o alumnado do cole vai coñecer ben a vila de Celanova. Se queredes saber polo miúdo de que vai ides poñendo a orella neste novo  programa de...
ONDE O MUNDO SE CHAMA CELANOVA!  Este é o título do programa onde se publicará todo o que se grave relacionado co proxecto.
Esperamos que vos guste!

26/10/2026

Eva Mejuto na Bibliocurros 🦊✍🏽

Hoxe tivemos con nós a Eva Mejuto, unha das escritoras máis lidas na nosa biblioteca.Co seu libro A LAVANDEIRA DE SAN SIMÓN, os nenos e nenas de sexto curso gozaron dunha xornada inesquecible. Grazas, Eva! 🧡

22/10/2026

Día Mundial dos Animais

Co gallo do Día Mundial dos Animais, o 4 de outubro, o alumnado de 6ºEP fixo dúas entrevistas. A primeira delas chega hoxe ao noso blog da biblio, nela os nenos coñecen a Ángela, que traballa como voluntaria na asociació Mikaela de Celanova e conta como é o día a día rescatando e coidando gatiños e cans. A segunda é ao centro de recuperación de fauna do Rodicio e terémola con nós dentro duns días.

                                                                                   


21/10/2026

...BiblioCurros🦊

A BiblioCurros recibes estes días ao alumnado de primaria para realizar a súa continua formación de usuarios. Tamén està a renovar os recursos, enchendo as estanterías das novidades máis interesantes,tanto de libros como de xogos.

19/10/2026

Día das escritoras 2026 ✍🏽

A Bibliocurros arranca a súa nova andaina celebrando o día das Escritoras. Moitas foron as homenaxeadas neste día. Deixamos como mostra fotos duns fermosos murais sobre o celebrado hoxe e que adornan os nosos corredores.