26/11/2025

Mochilas viaxeiras 🦊🎒

Lecturas sorpresa, xogos que nos invitan a compartir, pelis en familia, goce cos diferentes tipos de textos...as mochilas viaxeiras son todo un mundo por descubrir, os nosos alumnos e alumnas aventúranse a abrilas para gardar nas súas memorias momentos fantàsticos! 🥰

18/11/2025

Entrevista co morcego, o novo programa de Radio Curros


Desta vez, Roque, propuxo na súa nova  carta un reto sobre os MORCEGOS. O punto de partida foi a fermosa lectura por parte do voluntariado de biblioeca do conto "Rufus, o morcego que adoraba as cores". Algúns cursos traballaron  o conto e outros investigaron diferentes aspectos  deste mamífero.  Como broche final, o alumnado de 5ºA gravou este programa entrevistando a un vello morcego.  Roque,de seguro, vai sacar boa nota, coa gran axuda dos nenos e nenas do colexio!

17/11/2025

Primeiro programa de Radio Curros 25/26 : O RAPOSO

A Radio Curros arranca o curso coa emisión dun programa moi interesante sobre os RAPOSOS. Logo de que Roque, a mascota da biblio, nos enviase unha carta para que lle axudaramos a estudar a flora e fauna galega, comezamos estudando a fondo este fermoso animal. Con todo, creamos un programiña de radio e divertímonos moito facéndoo. Aquí o podedes escoitar, quedou moi bonito! Gran traballo o dos voluntarios e voluntarias da BiblioCurros! :)

 

Novembro, mes da ciencia en galego

No mes da ciencia en galego, uns voluntarios da BiblioCurros prepararon este fantástico experimento para concienciarnos sobre a importancia de NON verter aceites polos desaugadoiros das nosas casas. Coidemos os nosos ríos, coidemos as nosas troitas!🐟🐟🐟Adiante, rapaces!

 

02/11/2025

Os morcegos 🦇🦇

Xa está creado o noso panel sobre os morcegos,tal e como nos pediu Roque que fixeramos na súa última carta. Xuntos traballamos sobre estes animais,e tamèn afondamos sobre o conto de Rufus,foi un gran traballo por parte de todo o cole🥰

Arranca a Radio Curros! 🎙️🦊

Comezan as primeiras gravacións na nosa cabina de radio. Ilusión dos rapaces compartida coa das mestras e mestres que os acompañan e ensinan o proceso con tanto amor. A Radio Escolar é un dos nosos recursos favoritos! 🦊🥰🎙️

25/10/2025

Día das Bibliotecas con Anxo Fariña!🦊🧡

Esta mañà tivemos a grandísima sorte de contar na nosa biblioteca cun escritor e ilustrador que nos encanta: Anxo Fariña! Os nenos e nenas de quinto disfrutaron dunha fermosa xornada co autor de Os ecos do lume,libriño que estàn lendo xuntos. Quedaron abraiados cos deseños do seu caderno, e tiveron a tremenda sorte de ver en directo como creaba un novo personaxe, inspirado desta vez nunha compi de quinto. Foi un tremendo pracer contar coa súa compañía,disfrutàmolo moito.Ata a próxima,Anxo Fariña! Grazas 🦊🧡